ADHESIÓN A UN CONVENIO PARA MANTER LIMPAS AS FINCAS E FRANXAS SECUNDARIAS, EVITANDO O RISCO DE INCENDIO

O pleno do Concello de Villaba tratará no pleno de mañá unha iniciativa do grupo de goberno para a adhesión a un convenio suscrito entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e a empresa Seaga para manter limpas as fincas e franxas secundarias do municipio, evitando desta maneira o risco de incendios.

A adhesión a este convenio permite ás administracións locais ter máis medios para xestionar a biomasa, limpar as fincas e as franxas secundarias (áreas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación que deben manterse libres de maleza e árbores).

Ademais, grazas á adhesión a este convenio, o Concello de Vilalba poderá actualizar coa colaboración de Seaga o seu Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

“A loita contra os incendios é unha tarefa de todos e desde o concello queremos dar un paso máis, lembrando tamén aos veciños e veciñas a obligatoriedade de manter limpas as súas leiras para evitar sancións”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro.

Para os concellos, é fundamental que os propietarios das fincas cumpran os deberes e limpen cada ano as súas propiedades, unha tarefa que será máis sinxela desde agora en Vilalba coa adhesión ao convenio.

26 de Maio de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies