Axudas material escolar 2021-2022

O Concello publica as bases da convocatoria de axudas de material escolar para o próximo curso de Educación Infantil. O prazo de solicitudes comeza o luns, día 21, e remata o 2 de xullo

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL (3-6 ANOS) CURSO 2021/2022

A Xunta de Goberno Local de Vilalba ven de aprobar as bases da convocatoria de axudas de material escolar de Educación Infantil (3-6 anos) para o próximo curso 2021/2022.

A partida orzamentaria ascende a 15.000 euros, que se distribuirán en axudas de entre 75 e 100 euros dependendo da renda da familia. O prazo para as solicitudes comeza o luns, día 21 de xuño, e remata o 2 de xullo

As axudas podrán destinarse a máscaras, mandilóns, mochilas, libros e demais material que figure nos listados solicitados polos centros escolares.

Estas axudas á escolarización están dirixidas a unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino públicos da localidade en que se impartan estudios de Educación Infantil. Ademáis, os ingresos económicos da unidade familiar non poderán superar os máximos establecidos nas bases (terase en conta o número de membros e a renda per cápita da familia, partindo do indicador público de Renda de Efectos Múltiples IPREM).

Os interesados deberán presentar tanto a solicitude como a documentación requirida en tempo e forma establecida polo Concello de Vilalba. As solicitudes, xunto coa documentación solicitada, presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica.

As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, con expresión do DNI da persoa solicitante(nai/pai titor/titora), resolución recaída (concedida/denegada); e na Sede electrónica.

Pódense consultar as bases completas no BOP de hoxe e na parte superior desta nova.

18 de Xuño de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies