COMEZO DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO VIAL DE ACCESO AO BARRIO DE UCEIRA-GOIRIZ

Os traballos realízanse no tramo que atravesa en dirección norte as parroquias de Sancobade e Goiriz, incluído o barrio de A Uceira, dende a estrada LU-120.

O Concello de Vilalba anuncia aos seus veciños e veciñas o comezo dos traballos de acondicionamento do pavimento do vial municipal que da acceso ao barrio de Uceira-Goiriz.

Os traballos realízanse no tramo que atravesa en dirección norte as parroquias de Sancobade e Goiriz, incluído o barrio de A Uceira, dende a estrada LU-120.

Esta vía é o percorrido natural da veciñanza destes núcleos de poboación en dirección ás principais vías de comunicación cara o centro urbán de Vilalba, principal punto económico e comercial da zona.

Doutra banda, esta vía soporta unha importante densidade de tráfico lixeiro e pesado, debido ás explotación gandeiras e agrícolas da zona así como ós vehículos de transporte destinados á explotación madereira. Este fluxo de tráfico e mais o paso do tempo provocaron o deterioro do pavimento actual, existindo zonas con deformacións e puntos onde o pavimento desapareceu.

As obras contan cun orzamento próximo aos 50.000 euros e un período de execución dun mes. Para a mellora e mantemento desta vía, proponse a limpeza de noiros, regularizar a súa superficie e executar unha nova capa de aglomerado. Ademais procederase á súa sinalización horizontal e vertical e habilitarase a cota dos pozos de reixstro existentes no seu percorrido.

“O estado desta vía provocaba que o seu acondicionamento sexa moi necesario para evitar que continúe deteriorándose e garantir así a seguridade viaria da veciñanza destas parroquias”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

30 de Xullo de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies