COMEZO DAS OBRAS DO NOVO ESPAZO DE LECER E BIOSAUDABLE PARA TODAS AS IDADES NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

A actuación ten un orzamento de 48.380 euros e un prazo de execución de dous meses

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras de creación dun novo espazo de xogos infantís e biosaudables para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución.

A actuación ten un orzamento de 48.380 euros e un prazo de execución de dous meses. O concello tiña previsto comezar as obras antes do verán, pero houbo un retraso motivado polos problemas de subministro de materiais que están sufrindo as empresas construtoras. 

Os traballos completarán o parque infantil existente na praza, recentemente reformado polo goberno local. O concello creará un gran espazo de lecer con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas. 

Para a posta en marcha deste novo espazo de lecer, proponse o acondicionamento da explanada actual, colocando un pavimento amortiguador de seguridade.  Doutra banda, conservaranse as árbores de maior importancia, resembrarase o céspede natural nas zonas de vexetación e plantarase un peche perimetral vexetal.

Instalarase un rocódromo para nenos e nenas, un campo de fútbol de material sintético para xogar 3×3 e aparatos biosaudables para a xente maior, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física. 

“Continuamos con estas obras co proceso de renovación de todos os parques e zonas infantiles e de lecer, que xa fixemos na propia praza da Constitución e faremos a curto prazo na alameda de Basanta Olano”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

6 de Setembro de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies