COMEZO DAS OBRAS PARA A RENOVACIÓN DO PARQUE INFANTIL DA ALAMEDA DE BASANTA OLANO

É un proxecto cun orzamento de máis de 30.000 euros

O Concello de Vilalba informa do comezo das obras para a reforma integral do parque infantil da Alameda de Basanta Olano.

A actuación consiste na renovación do pavimento amortiguador de seguridade, a colocación dun sumidoiro que recolla as augas pluviais da praza e elimine os problemas de humidade, a retirada dos xogos existentes e a colocación de novos xogos e aparatos homologados.

Tamén se colocarán mamparas de policarbonato na parte norte e oeste do parque, co obxectivo de evitar as caídas a distinto nivel e cumprir coa normativa vixente.

“É un proxecto de máis de 30.000 euros que servirá para renovar por completo o espazo”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infrestrututuras de Vilalba.

6 de Outubro de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies