INSTALACIÓN DE 51 NOVAS LUMINARIAS LED NAS RÚAS PLÁCIDO PEÑA, CASTELAO E AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Esta actuación únese ao acendido, o pasado venres, de 89 novos puntos de luz que levaban máis de dez anos sen funcionar no paseo fluvial.

O Concello de Vilalba continúa co proceso de renovación do seu alumeado público municipal, nesta ocasión coa instalación de novas luminarias en varias rúas do casco urbano, unhas tarefas que estarán rematadas esta mesma semana.

En concreto, o concello instala 23 novas luminarias de 80 watios na rúa Plácido Peña con báculos de dez metros (ata o de agora eran de oito), 21 luminarias de 40 watios na rúa Castelao e sete luminarias na rúa As Pontes de García Rodriguez.

En total, 51 novos puntos de tecnoloxía LED, o que incrementa a eficiencia enerxética e a visibilidade lumínica, reducindo reduce o consumo e as emisións de C02. 

“Un paso máis na nosa aposta pola renovación da rede de alumeado público, con tecnoloxía LED para mellorar a eficiencia e reducir a contaminación”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

Esta actuación únese ao acendido, o pasado venres, de 89 novos puntos de luz que levaban máis de dez anos sen funcionar no paseo fluvial.

12 de Xullo de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies