NOVO TRACTOR PARA LIMPEZA DE VIAIS E CAMIÑOS RURAIS

O CONCELLO DE VILALBA ADQUIRE UN NOVO TRACTOR CON DESBROZADORA PARA POTENCIAR A LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DE VIAIS E CAMIÑOS NAS PARROQUIAS E ZONAS RURAIS

Vilalba, 10 de febreiro de 2021. O Concello de Vilalba recibiu na xornada de hoxe un novo vehículo para o parque móbil municipal, neste caso un tractor 4×4 con desbrozadora de brazo articulado.

O tractor, adquirido con fondos propios do remanente de tesourería, realizará diferentes tarefas de limpeza e acondicionamento de viais e camiños no rural de Vilalba, dando resposta ademais ás demandas veciñais.

O concello ten unha gran extensión, con numerosos camiños, pistas e estradas que comunican o territorio, sendo un dos municipios con maior dimensión xeográfica de España.

O novo tractor, valorado en 106.480 euros, servirá ademais para renovar o parque móbil do concello. É un vehículo cun brazo articulado de gran alcance, o que permitirá a limpeza e eliminación de residuos en zonas onde os traballos manuais son difíciles de levar a cabo.

O grupo de goberno de Vilalba dará continuidade co novo tractor aos desbroces e limpeza de camiños en todo o término municipal, coa finalidade de acondicionar os espazos de paso no rural.

10 de febrero de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies