O CONCELLO CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CO CONCURSO “RECOMENDAR TEN PREMIO”

Para participar no concurso, as persoas interesadas deberán sacar unha fotografía recomendando un libro que pertenza á colección da biblioteca municipal

O Concello de Vilalba convoca a través da Biblioteca Municipal o concurso “Recomendar ten premio”, co obxectivo de conmemorar o día da biblioteca o vindeiro 24 de outubro. Esta iniciativa busca o fomento da lectura, así como impulsar o hábito de visitar a biblioteca como espazo público de aprendizaxe e lecer.

Para participar no concurso, as persoas interesadas deberán sacar unha fotografía recomendando un libro que pertenza á colección da biblioteca municipal (na imaxe debe aparecer somentes o libro). A continuación, enviarase a imaxe ao número de WhatsApp 626399329, xunto cos datos persoais (nome, apelidos, DNI ou número de carné da biblioteca) e un texto coa súa recomendación.

A participación neste concurso está aberta a todos os socios e socias da Biblioteca Municipal sen importar a idade. Aquelas persoas que aínda non sexan socias poden solicitar gratuitamente o carné, o cal é entregado ao momento.

A inscrición no concurso está aberta ata o vindeiro 29 de outubro de 2021, na biblioteca Municipal de Vilalba en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:30 a 18:30.

Unicamente se permitirá unha fotografía por usuario/a e recibirase confirmación de recepción da imaxe. Unha vez remate o prazo de participación, as fotografías serán numeradas e expostas na biblioteca ata o 10 de novembro de 2021.

Os usuarios e usuarias da biblioteca serán quen voten pola mellor recomendación, valorando o texto e a imaxe. Deste modo, poderán depositar o seu voto, anónimo e limitado a 1 por usuario/a, nunha urna instalada na propia biblioteca.

O Concello de Vilalba entregará á fotografía que reciba un maior número de votos, un lote de libros e material de papelería por valor de 60 euros.

13 de Outubro de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies