O CONCELLO DE VILALBA ENTREGA OS AGASALLOS DO PROGRAMA ‘COMPITE VILALBA’, NO QUE PARTICIPARON 81 PEMES E AUTÓNOMOS PARA MELLORAR A SÚA COMPETITIVIDADE

Vilalba, 31 de xullo de 2020. O Concello de Vilalba entregou esta tarde os agasallos aos veciños e veciñas que participaron na campaña ‘D’compras por Vilalba’, unha iniciativa que formaba parte do programa ‘Compite Vilalba’.
En concreto, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira Marta Rouco fixeron entrega de tres Apple Watch e un iPhone, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Vilalba.
Un total de 81 pemes e autónomos participaron no programa de formación e asesoramento individualizado impulsado polo Concello de Vilalba e dirixido ao comercio local e a hostalería, co obxectivo de dinamizar o sector e mellorar a súa competitividade tras a crise da Covid-19.
‘Compite Vilalba’ permitiu facer unha diagnose individualizada da situación de cada negocio, para despois pasar a unha fase de formación e á realización final da campaña de promocións ‘D’compras por Vilalba’, na que participaron 36 establecementos e 721 clientes.
Nas últimas semanas, realizáronse nove seminarios formativos sobre diferentes temáticas, houbo unha etapa de asesoramento individualizado e tres reunións para a formulación e o deseño da campaña ‘D’compras por Vilalba’.

2 de agosto de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies