O Concello de Vilalba pon en marcha un programa de seguimento individualizado das persoas de máis de 70 anos

Vilalba, 1 de agosto de 2020. O Concello de Vilalba quere mellorar a atención que reciben as persoas maiores empadroadas no municipio, un colectivo vulnerable e cada vez máis amplio polo proceso de envellecemento do conxunto da sociedade.
Desde hai uns días, o concello comezou a enviar unha carta ás seiscentas persoas de máis de 70 anos que viven soas en Vilalba, co obxectivo de facerlles un seguimento e explicarlles a onde poden dirixirse ante calquera necesidade.
Unha vez rematada esta primeira fase do novo programa de atención aos maiores, o concello remitirá tamén a mesma comunicación aos fogares nos que vivan dúas persoas de máis de 70 anos.
“Desde o departamento de Servizos Sociais queremos ter este censo da poboación de máis de 70 anos e estar moi preto destes veciños e veciñas, explicándolles entre outras cousas as axudas ou prestacións en materia de dependencia ou teleasistencia ás que poden acceder”, explica Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais de Vilalba.
“O noso obxectivo é básicamente que sepan a onde dirixirse se teñen algún problema, alguna necesidadade ou urxencia na súa vida diaria, facilitarlles as cousas desde o concello e facerlles un seguimento especial”, engade Rouco.
O colectivo de persoas maiores é cada vez maior e ten ademais que ter un especial coidado polo coronavirus, polo que no concello entenden que é o mellor momento para iniciar este seguimento e poñerse á súa disposición.

2 de agosto de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies