O CONCELLO DE VILALBA RECIBE MÁIS DE 60 SOLICITUDES DE OBRAS DESDE XULLO GRAZAS ÁS BONIFICACIÓNS NAS TAXAS IMPLEMENTADAS POLO GOBERNO LOCAL

Vilalba, 20 de agosto de 2020. Desde que o pasado mes de xullo o Concello de Vilalba aprobara a supresión de taxas e tributos sobre construcións, instalacións, obras e licenzas de primeira ocupación, xa se recibiron máis de 60 solicitudes para realizar algún tipo de intervención. Según informou o edil de Economía e Facenda, Luis Fernández, “a medida tivo unha magnífica acollida entre a veciñanza, que está a solicitar máis obras ca nunca”.
En concreto, foron 60 obras menores as solicitadas polos vilalbeses e vilalbesas, o que supuxo un aforro medio por veciño de 250 euros en tributos. Isto supuxo ata o momento máis de 12.000 euros de aforro polas licencias de obra e uns 3.000 pola taxa de 50 euros.
En obras maiores, foron 4 as solicitudes recibidas polo consistorio, que tan só aboaron un 1%, en vez do 2% que estaba establecido antes da modificación desta ordenanza municipal. Isto se traduce nun aforro duns 3.000 euros polas licencias e uns 150 euros en tasas. “En total, os veciños e veciñas de Vilalba aforraron uns 18.000 euros”, apuntou Luis Fernández.
A medida adoptada polo goberno local non só está a ser beneficiosa para a veciñanaz, senón tamén para o sector da construcción, xa que está a supoñer unha importante reactivación de traballo para decenas de empresas de obras, fontanería, pintura e outras relacionadas coa construcción.
Cabe lembrar que esta modificación da ordenanza fiscal foi apoiada pola Asociación de Empresarios da Construcción da provincia de Lugo, que calificou a medida coma un exemplo de cómo facer política fiscal para aplicar ao sector.
Desde o Concello de Vilalba xa anunciaron que a medida seguirá en vigor o que resta de 2020 e durante todo o ano 2021, “aínda que poderemos ampliar ou estudar outras medidas sempre para reducir o impacto económico desta crise sobre os nosos veciños”, explicou o edil de Economía.

20 de Agosto de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies