O CONCELLO FAI PÚBLICAS AS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE RECIBIRÁN SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA COMPETITIVA

O tecido asociativo realiza un importante esforzo de participación cidadá, complementando os servizos dos concellos.

Vilalba, 24 de novembro de 2021. O Concello de Vilalba xa resolveu a convocatoria das subvencións por concorrencia competitiva a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal.

“O tecido asociativo realiza un importante esforzo de participación cidadá, complementando os servizos dos concellos. Por iso é esencial que dende o goberno local apoiemos a estas entidades, que contribúen a mellorar a nosa sociedade”, subliña Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba.

No eido cultural, as subvencións foron para a asociación Buxos Verdes da Chaira; asociación cultural de Andrade; asociación cultural Casa Escola de Bordelle; asociación xuvenil Entre Lusco e Fusco; Unión de radioaficionados da Terra Chá, e asociación cultural e deportiva de Árbol.

No apartado educativo, para a APA Terra Chá de Román. En deportes, para o Club Taekwondo Vilalba Jansu; Asociación Deportiva Biciclistas Galegos; Club Moo Duk Kwan; World Moo Duk Kwan; Asociación Deportiva Andrade; Club Vilalba 4×4; agrupación de deportistas veteranos de Sancobade; agrupación de deportistas veteranos Santaballés; a sociedade deportiva Machinango; a sociedade de cazadores de Goiriz; a agrupación de deportistas veteranos A Canteira, e Capóns Vilalba Rugby.

Dentro das asociacións de mulleres, recibirán subvención a asociación Agarimo e a Asociación Feminista de Vilalba. E dentro das asociacións de veciños, as de Corbelle; Distriz; Vilapedre; Codesido; Insua; Lanzos, e Goiriz.

24 de Novembro de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies