O Concello mellorará accesos nas parroquias de Sancovade e Oleiros

Dos 94.484,06 euros de inversión nestas actuacións, o Agader financia 78.086 euros a través do Plan Marco de camiños municipais

O Plan Marco de mellora de camiños municipais redúcese en preto de 20.000 euros con respecto ao ano pasado, polo que o Concello asumirá a parte restante do proxecto
As obras de acondicionamento e mellora dos viais realizaranse en accesos a parcelas agrícolas e explotacións gandeiras nas parroquias de Sancovade e Oleiros
 
Vilalba, 5 de marzo de 2020
O goberno de Vilalba vén de anunciar que comezará coas obras para a mellora de accesos nas parroquias de Sancovade e Oleiros, acondicionando viais municipais que dan acceso a parcelas agrícolas e explotacións gandeiras. Dos 94.484,06 euros de inversión nestas actuacións, o Agader financia 78.086 euros a través do Plan Marco de camiños municipais, que diminuíu en preto de 20.000 euros para o Concello de Vilalba con respecto ao ano anterior. Tanto o encargo do proxecto como a parte non financiada pola Agader sairá das arcas municipais.
O obxecto das obras de acondicionamento e mellora realizaranse sobre o vial municipal que atravesa en dirección Noroeste-Sureste as parroquias de Sancovade, Noche e Oleiros, ata rematar na estrada de titularidade provincial LU-P-6510, no termo municipal de Vilalba (Lugo).
En concreto, as obras elementais nas que se divide o proxecto consisten na limpeza de noiros, procedéndose á retirada da terra vexetal acumulada en beiravías, regularización e pavimento aglomerado, cunha capa de aglomerado en quente en toda a superficie da estrada a causa do estado actual da mesma, e sinalización, colocándose sinais de STOP e pintando marcas lonxitudinais continuas nos bordes da calzada.
“Esta estrada conforma un dos percorridos habituais dos veciños de varios núcleos de poboación de Sancovade e Oleiros en dirección a Vilalba”, subliñou o edil de infraestruturas, Luis Fernández. Por outra banda, “as importantes explotacións gandeiras e agrícolas da zona, xunto co paso de vehículos de transporte destinados á explotación da madereira dos terreos próximos, provocan que este vial teña soportado unha densidade de tráfico lixeiro e pesado moi intensa, cun forte desgaste no pavimento, de xeito que actuaremos coa maior axilidade para mellorar esta situación”, concluíu Fernández. 
PROXECTO
MELLORA DE ACCESOS NAS PARROQUIAS DE SANCOVADE E OLEIROS_signed (3) (1)

5 de Marzo de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies