O CONCELLO ULTIMA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS DE LIMPEZA

A LICITACIÓN DOS SERVIZOS DE LIMPEZA NOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS QUE SON PROPIEDADE MUNICIPAL E NOS COLEXIOS SAIRÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS

Vilalba, 12 de febreiro de 2021. O Concello de Vilalba traballa na licitación do servizo de limpeza nos edificios públicos que son propiedade municipal e nos colexios, un concurso no que o grupo de goberno local leva tempo traballando e que se prevé finalizado este mesmo mes.

“Englobaremos os diversos servizos que se están prestando nun único contrato, primando a seguridade xurídica e un servizo de calidade, máis se cadra nos tempos nos que estamos a vivir”, asegura Rodrigo Pavón, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Servizos, Espazos Cidadans e relación cos veciños.

Para a elaboración da documentación do contrato, o grupo de goberno analizou detidamente en que aspectos podería mellorar o servizo, gañando en efectividade e eficiencia.

Ademais, a pandemia do coronavirus obriga a ser moi coidadoso con este tipo de contratos, dando resposta ás demandas veciñais.

“Non é de recibo que existiran diversos contratos para a prestación dun mesmo servizo e o espírito da nova contrata debe ser o de garantir unha prestación de calidade, cubrindo as peculiaridades que existan en cada instalación”, engade Pavón. “Foi un traballo que levou tempo e que se prevé esté finalizado neste presente mes”, remata.

12 de febrero de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies