O PERIODO DE PAGO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS COMEZA O 15 DE ABRIL E REMATA O 15 DE XULLO

As persoas que non teñan domiciliado o pago poderán proceder ao seu abono nunha oficina bancaria

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas que o período de pago voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica comeza o próximo 15 de abril e remata o 15 de xullo.

As persoas que non teñan domiciliado o pago deste imposto poderán proceder ao seu abono en calquera oficina de Abanca, BBVA, Banco Santander ou Caixabank, presentando o documento que se lles envía aos seus domicilios. En caso de non recibilo ou extravialo, poderán solicitar outro na entidade financiera.

Os contribuíntes que aínda non teñan domiciliado este recibo e pretendan facelo, deberán cubrir o impreso de domiciliación que reciben tamén nos seus domicilios e entregalo nunha oficina de Abanca ou remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recaudación.

A xestión do cobro deste imposto na maior parte dos concellos da provincia está cedido á Deputación de Lugo.

30 de marzo de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies