PROGRAMA CULTURAL MAIO

No mes das Letras Galegas, Vilalba acolle unha programación cultural con literatura, teatro, música e audiovisual en galego

O Concello de Vilalba, desde a súa área de Cultura, vén de anunciar o cartel coas citas do «mes das letras», en colaboración con outras entidades como o Instituto de Estudos Chairegos, cunha oferta variada de teatro, música, literatura e audiovisual en galego, facendo fincapé na figura de Xela Arias, homenaxeada nas Letras Galegas deste 2021.

🎭 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨

O auditorio municipal acollerá dúas obras de teatro. A primeira delas, Cinco minutos sen respirar, unha adaptación da obra do dramaturgo Gustavo Ott, que fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, etc. Ademais, tamén teremos a Manuel Manquiña nunha divertida obra teatral, Relatos Negros.

🎬 𝐅𝐢𝐥𝐦𝐞𝐬 𝐌𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨

Os filme finalistas nos premios Mestre Mateo serán proxectados en Vilalba nas fins de semana deste mes de maio, da man do Iescha en colaboración coa Deputación de Lugo, a Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba.

🟣 𝐗𝐞𝐥𝐚 𝐀𝐫𝐢𝐚𝐬

A escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021 terá un espazo importante nesta programación, cunha conversa arredor da súa figura que realizará Marta Veiga, e cun espectáculo de música, poesía e fotografía protagonizado por A Banda da Loba, a poeta Tamara Andrés e as instantáneas de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada.

✒️ 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨 𝐂𝐞𝐫𝐭𝐚𝐦𝐞 𝐏𝐨𝐞𝐬𝐢𝐚

Xerardo Quintiá, gañador do XLVI Premio de Poesía do Certame Literario de Vilalba fará a presentación do seu libro co poemario «Obra inacabada de Dosinda Christensen».

ℹ️ Xa se poden coller as entradas dos eventos que terán lugar no Auditorio Municipal, na web entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura.

30 de abril de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies