Proxecto de renovación do alumeado en Grupo La Paz e rúas Cidade de Lugo e da Feira

LUZ VERDE AO PROXECTO DE RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO CON TECNOLOXÍA LED EN GRUPO LA PAZ E AS RÚAS CIDADE DE LUGO E DA FEIRA DE VILALBA

Vilalba, 18 de novembro de 2020. O Concello de Vilalba dará continuidade ao seu plan integral de renovación do alumeado público coa instalación de luminarias de tecnoloxía LED en Grupo la Paz e as rúas Cidade de Lugo e da Feira. O proxecto xa recibiu o visto bo por parte do grupo de goberno, como paso previo ao seu paso polo pleno.

Para esta actuación, o concello recibiu unha subvención de 140.148,90 euros do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica (o orzamento total dos traballos é de 175.000 euros).

As obras suporán a renovación de 141 puntos de luz e, grazas á tecnoloxía LED, o aforro enerxético será do 80%, rebaixando ademais de forma considerable a contaminación lumínica e as emisións de CO2.

“Levamos meses traballando na renovación do alumeado municipal, tanto no centro como nas parroquias, apostando pola tecnoloxía LED para cumprir todas as recomendacións da UE e dar un mellor servizo aos veciños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

De feito, nas próximas datas sairá tamén a licitación a renovación do alumeado na zona de Campo de Puente e outras rúas próximas, tamén cunha subvención do IDAE (o instituto aporta o 80% dos 172.000 euros de orzamento). “Entre os dous proxectos, o concello conseguiu máis de 280.000 euros do IDAE, unha cantidade importante que nos permite afrontar estes investimentos”, engade Fernández.

Nas últimas semanas, remataron por outra parte os traballos para a mellora da eficiencia enerxética e a posta en funcionamento do novo alumeado público no núcleo de Cotoriña, na parroquia de Insua, e no barrio de Buxibán, Codesido. O concello anunciou antes do verán as mesmas actuacións nas parroquias de Tardade, Gondaísque, Mourence, Distriz, Boizán e Santaballa.

18 de noviembre de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies