RENOVACIÓN DE PAVIMENTO DO VIAL QUE CONECTA A ESCOLA DE ROMÁN COA ESTRADA PROVINCIAL LU-P-6504

O vial ten unha lonxitude completa de máis de 11 quilómetros e supón o principal enlace entre diversos núcleos de poboación das parroquias polas que discorre, Sancovade, Goiriz, Román e Árbol.

Vilalba, 20 de febreiro de 2021. O Concello de Vilalba anuncia os traballos de acondicionamento da vía de titularidade municipal que comunica a escola de Román coa estrada provincial LU-P-6504, nas parroquias de Román e Árbol.

O vial ten unha lonxitude completa de máis de 11 quilómetros e supón o principal enlace entre diversos núcleos de poboación das parroquias polas que discorre, Sancovade, Goiriz, Román e Árbol. Ademais, a vía é tamén a principal forma de comunicación en dirección ao casco urbano de Vilalba.

Dende o punto de comezo do vial, no núcleo urbán de Vilalba ata a zona de acceso ó CEIP Terra Chá, na parroquia de Román, a pavimentación é recente, cun firme en bo estado. Porén, desde ese punto e ata o entronque coa LU-P-6504, o pavimento mostra sinais evidentes de desgaste. Este deterioro débese ao paso do tempo, sumado ás condicións meteorolóxicas da zona e á densidade de tráfico lixeiro e pesado que soporta.

Dada a situación deste tramo do vial, dende o Concello de Vilalba proponse para a súa mellora a limpeza de noiros, a regularización da superficie e a execución dunha nova capa de firme aglomerado. Por último, tamén se procederá á súa sinalización horizontal e vertical.

Os traballos de acondicionamento deste vial contan cun orzamento de 122.926.07 euros e o seu prazo de execución é dun mes.

O Concello de Vilalba pretende con esta obra rematar a mellora dunha das principais vías de titularidade municipal. A mellora do pavimento permitirá á veciñanza destas parroquias a comunicación entre o núcleo urbán de Vilalba e a estrada provincial LU-P-6504.

20 de febrero de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies