RENOVACIÓN DE VIAIS NAS PARROQUIAS DE NETE, LADRA E DISTRIZ

As actuacións que se levarán a cabo nas parroquias de Nete, Ladra e Distriz, suporán un investimento por porte do concello próximo aos 70.000 euros

O Concello de Vilalba realizará traballos de pavimentación, conservación, limpeza de noiros e sinalización en distintas vías e camiños de titularidade municipal situados nas parroquias de Nete, Ladra e Distriz.

Unha das actuacións será nos accesos á escola de Nete, no barrio de O Curro, o principal núcleo de poboación da parroquia. Nel atópanse a igrexa e o cemiterio parroquial, así como a escola municipal que actualmente se utiliza como centro de reunión e actividades veciñais.

O segundo dos traballos realizarase nos accesos ás vivendas do barrio de Os Castros, tamén na parroquia de Nete, un camiño de titularidade municipal sen pavimentar que parte da estrada municipal 065_403 para entrar en varias vivendas do barrio de Os Castros.

O Concello de Villaba tamén pavimentará o vial municipal 065_207, que parte dende a estrada autonómica LU-541 e atravesa os barrios de Lourixe e Aguiar ata rematar na estrada provincial LU-P-6506. Outra das tarefas consistirá na rexeneración do tramo de acceso ao barrio de Aguiar, dende a estrada catalogada 065_207.

Por último, haberá obras no tramo que comunica a estrada provincial LU-P-6511 con distintas vivendas no barrio de Fontechousa e remata na estrada municipal codificada 065_034. Trátase dun dos camiños máis utilizados da parroquia de Distriz, cun percorrido lonxitudinal de 1.305 metros.

Todas estas actuacións suporán un investimento por porte do concello próximo aos 70.000 euros, continuando coa mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas municipais.

“É importante mellorar as comunicacións por estrada e a seguridade viaria en camiños que son moi utilizados polos veciños e veciñas das parroquias”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

14 de abril de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies