RENOVACIÓN DO FIRME EN BELESAR

O CONCELLO DE VILALBA RENOVARÁ O PAVIMENTO DO VIAL DE ACCESO Ó NÚCLEO DE OUTEIRO E Á IGREXA DE BELESAR

Vilalba, 11 de febreiro de 2021. O Concello de Vilalba anuncia os traballos de renovación do firme e acondicionamento do vial que da acceso ó núcleo de Outeiro e á igrexa de Belesar, na parroquia de San Martiño de Belesar.

Concretamente, os traballlos realizaranse na vía de titularidade municipal que comenza na estrada provincial LU-P-6511, no núcleo de Aldea, e que discorre en dirección sureste pola parroquia de Belesar ata o núcleo de Outeiro, onde continúa ata a igrexa de Belesar na que finaliza a actuación prevista polo Concello.

Esta vía é o percorrido natural da veciñanza de varios núcleos de poboación desta parroquia cara ás principais vías de comunicación, como a estrada N-634 e a autovía A-8, así como á capital do concello.

Por outra banda, o vial é tamén unha vía de comunicación coa parroquia de Distriz e conta con varios puntos de alta poboación e tráfico, como o colexio, a igrexa ou o cemiterio parroquial de Belesar.

Sumado a este fluxo de tráfico, as importantes explotacións gandeiras e agrícolas da zona xunto cos vehículos destinados á explotación madeireira provocan que o vial soporte unha densidade de tráfico lixeiro e pesado moi intensa, obtendo como resultado un forte desgaste no pavimento actual. Polo tanto, o paso do tempo e o uso provocaron o deterioro desta vía, con zonas que sofren deformacións e puntos onde o pavimento despareceu.

Os traballos contan cun orzamento de 68.970 euros e o seu prazo de execución será dun mes. Esta intervención enmárcase no Plan Único da Deputación de Lugo.

Para a mellora e mantemento desta vía, proponse a limpeza de noiros, regularizar a súa superficie e executar unha nova capa de aglomerado. Por último, procederase á súa sinalización horizontal e vertical.

“O estado de deterioro vía pode supoñer un risco para o tráfico, por iso, dende o Concello consideramos urxente o seu acondicionamento, garantindo así a seguridade viaria dos nosos veciños e veciñas destas parroquias”, subliña Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

11 de febrero de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies