— 189 nenos e nenas e 114 adultos e adultas forman parte das listas de persoas admitidas para os cursos que comezan o 1 de outubro
O Concello de Vilalba publica as listas de persoas admitidas e en agarda para os cursos de natación da Piscina Municipal correspondentes ao novo curso.
En total, 303 persoas obtiveron praza, das que 189 son nenos e nenas e 114 adultos e adultas.
As persoas interesadas poden consultar as listas nos documentos adxuntos a esta publicación.
As persoas que non obtiveron praza poden preguntar na recepción da Piscina Municipal polas prazas vacantes.
Os cursos darán comezo o 1 de outubro.