A COMUNIDADE ARTÍSTICA INTERNACIONAL ‘STREET ART CITIES’ INCLÚE O MURAL DE LULA GOCE EN VILALBA ENTRE OS DEZ MÁIS DESTACADOS DO MUNDO NAS ÚLTIMAS SEMANAS

Na obra pódese ver a unha muller observando tras a cortina e unha pelexa de galos, que segundo a creadora representa o que ocorre no mundo actual.

‘Street Art Cities’ é unha comunidade internacional que elabora periódicamente mapas dos novos murais artísticos máis destacados do mundo, unha referencia no eido de arte urbano.

Hai dous días, publicou no seu Instagram un listado dos dez novos murais máis destacados do mundo, entre os elaborados nas últimas semanas. Entre eles figura ‘Pelea de Gallos’, realizado por Lula Goce en Vilalba, xunto a outros nas cidades de Nairobi, Tel Aviv, Os Ánxeles, Valencia, Rennes ou Cardiff.

Na obra, ubicada na travesía dos Castros, pódese ver a unha muller observando tras a cortina e unha pelexa de galos, que segundo a creadora, á que o concello lle deu liberdade absoluta, representa o que ocorre no mundo actual. Tamén é un guiño á Feira do Capón.

Lula Goce, natural de Baiona, ten murais en cidades como Nova Iorque, París Miami, Berlín, Bruselas, Valencia e Barcelona, así como en diferentes concellos galegos.

Coas súas obras, transforma as fachadas dos edificios en obras de arte, cun estilo figurativo no que moitas veces representa a mulleres, nenos ou nenas en ambientes imaxinarios, integrando sempre os seus traballos co lugar nos que os realiza.