ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL PARA O CURSO 2025/2026

Segundo establece o regulamento de réxime interior da escola infantil municipal de Vilalba, aprobado en sesión plenaria o día 30 de maio de 2024 e publicado no BOP o día 08/08/2025 ábrese o prazo para solicitar praza na escola infantil municipal para o curso 2025/2026 .

O prazo de solicitudes será do 15 ao 30 de maio de 2025 (ambos incluídos) e presentaranse na sede electrónica do Concello ou ben de forma presencial no departamento de servizos sociais do Concello.

As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola infantil “Galiña azul” deberán de aportar:

  • Fotocopia do D.N.I. do pai/nai ou representantes legais
  • Fotocopia do libro de familia
  • Declaración da renda do exercicio 2023 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda, deberán de aportar ademais da documentación anterior a seguinte:

  • Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, para acreditar as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.