Apertura prazo matrícula Escola Infantil Municipal

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 31 de maio de 2021( ambos incluídos)

Segundo establece o Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal (ordenanza reguladora número 15), publicada no BOP nº 74 do 30/03/2017, ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2021/2022 .

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 31 de maio de 2021( ambos incluídos) (* Ao ser o día 30 inhábil dacordo co artigo 30.5 da lei 39/2015 e Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas)

– As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola infantil “Galiña azul” deberán de aportar:

– Fotocopia do D.N.I. do pai/nai ou representantes legais

– Fotocopia do libro de familia

– Declaración da renda do exercicio 2019 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda, deberán de aportar ademais da documentación anterior a seguinte:

-Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, para acreditar as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta .