BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “NADAL EN VILALBA”

Contido Bases Legais Concurso

  1. Obxecto e finalidade

O Concello de Vilalba, a través da súa Concelleiría de Cultura, convoca o primeiro concurso de fotografía destinado a representar a través desta modalidade artística o significado do Nadal: familia, amizade, fogar, soidade, compaña, agasallos, símbolos, paisaxes, pobo, pertenza, lugares… Para cada persoa, o Nadal vén acompañado de algo especial e determinado.

  1. Persoas ás que se dirixe

Poderán participar neste concurso todas as persoas que teñan cumprida a maioría de idade (18 anos en adiante).

  1. Mecánica de participación

As persoas que desexen participar deberán enviar os seus traballos en formato dixital á conta comunicacion@vilalba.es . Deberán adxuntar neste mesmo correo electrónico dous arquivos:

  • A fotografía; o nome do arquivo será o título da mesma
  • Documento cos datos persoais (nome, idade, DNI, teléfono, enderezo, e-mail); o nome do arquivo será “Plica + título da foto”. Breve explicación do traballo.

As persoas participantes poderán concorrer ao concurso  cun máximo de 2 fotografías. Neste caso, deberán facer envío de 2 correos electrónicos, cada un cos dous arquivos correspondentes.

  1. Datas do concurso

As bases do citado concurso publicaranse o día 20 de decembro do ano 2019 a través das redes sociais do Concello de Vilalba (Facebook e Instagram) e da web vilalba.org
O prazo de entrega das fotografías rematará o 31 de decembro de 2019 ás 23:59 horas; fóra deste prazo non se admitirán novas entregas. O día 8 de xaneiro de 2020 daranse a coñecer as gañadoras/es.

  1. Premios

Existirá unha única categoría.
Dentro do concurso distinguiranse os seguintes premios:

  • Primeiro premio: 200 euros
  • Segundo premio: 150 euros

Haberá un premio especial por votación popular. O día 1 de xaneiro, data posterior ao límite de prazo de entrega, publicaranse as fotografías participantes na rede social Facebook. Aquela fotografía con máis “gústame” farase con este premio:

  • Premio Facebook: 100 euros

Aclaración: non son incompatibles as valoracións do xurado co resultado da votación popular. Todas as fotografías expóñense a ambas valoracións co seu correspondente premio.
O financiamento do premio farase con cargo á aplicación orzamentaria 334.48942 (orzamento municipal 2020 do Concello de Vilalba).

  1. Xurado

A composición do xurado darase coñecer por resolución da alcaldía, e farase pública na páxina web www.vilalba.org e na Sede Electrónica do concello, antes de finalizar o prazo da entrega de traballos ao concurso.
O xurado está composto por profesionais do mundo da fotografía, presidida pola Concelleira de Cultura e actuando de secretaria o/a técnica/o de cultura.
As puntuacións realizaranse sobre un total de 20 puntos en base aos seguintes criterios:

  • Calidade: de 0 a 5 puntos
  • Creatividade: de 0 a 5 puntos
  • Orixinalidade: de 0 a 5 puntos
  • Grao de relación co tema proposto: de 0 a 5 puntos

O fallo do xurado darase a coñecer o día 8 de xaneiro de 2020 a través das redes sociais do Concello e da páxina web. A votación popular contabilizará ata o 7 de xaneiro ás 23:59 horas.

  1. Protección de datos de carácter persoal

As persoas participantes aceptan, mediante a súa participación neste concurso, a publicación das súas fotografías nas redes sociais e web do Concello de Vilalba. Os datos persoais facilitados non serán incorporados a ningún ficheiro e serán utilizados unicamente coa finalidade de  xestionar a participación no concurso. Os datos que se aportarán por parte do Concello serán exclusivamente os nomes das persoas gañadoras e os títulos de todas as obras.

  1. Dereitos de imaxe

Cada participante manifesta e responsabilízase de que ostenta os dereitos de imaxe e propiedade intelectual sobre todo o material presentado a concurso. A aceptación da participación supón dar o consentimento ao Concello de Vilalba para empregar as fotografías como parte do material promocional se así os estima oportuno.

  1. Responsabilidades .

O Concello de Vilalba resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participantes se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso. Do mesmo xeito, non se responsabiliza das posibles perdas de datos por problemas de correo electrónico e/ou polo mal funcionamento da rede. O Consello exclúe calquera responsabilidade polos danos e perxuízos de toda natureza que, malia as medidas de seguridade adoptadas, poideran deberse á utilización indebida dos servizos e contidos por parte de usuarios/as, así como tamén polos danos e perxuízos que podan deberse á suplantación da personalidade de un terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada.

  1. Aceptación das bases do concurso

A organización resérvase o dereito de acortar, prorrogar, modificar ou cancelar este concurso se así o estima conveniente ou se concorreran circunstancias excepcionais que impediran a súa realización. Igualmente, resérvase o dereito de eliminar as fotos ou comentarios que se consideren ofensivos.