BASES QUE REXERÁN AS AXUDAS ÁS COMPARSAS QUE PARTICIPEN NOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO ENTROIDO 2020 DO CONCELLO DE VILALBA
O Concello de Vilalba, ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos do concurso do Entroido 2020, establece as normas reguladoras e as axudas económicas que outorgará ás comparsas e disfraces que interveñan nos actos citados de acordo coas seguintes bases:
PRIMEIRA.- Poderán participar nos actos programados polo Concello de Vilalba con motivo do concurso do Entroido e ser beneficiarias destas axudas calquera asociación ou entidade legalmente constituída, así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións establecidas nestas bases. Neste último caso, deberán nomear a un/unha representante debidamente autorizado/a para actuar en nome do grupo.
SEGUNDA.- Para poder optar ás axudas reguladas nestas bases é condición indispensable formalizar a inscrición na modalidade que se elixe para participar, e presentar toda a documentación requirida (de acordo aos modelos dos anexos A , B e C) por o Rexistro Xeral do Concello de Vilalba ou a través do rexistro da sede electrónica (https://vilalba.sedelectronica.es). Prazo de inscrición desde o 5 ao 21 de febreiro de 2020 ás 14:00h.
O Concello resérvase o dereito de non admitir a inscrición daquelas comparsas que en anos anteriores non acreditaran os mínimos de calidade e orixinalidade no seu vestiario ou actuación.
No momento de formalizar a inscrición achegarán no Rexistro Xeral do Concello a documentación a que se fai referencia nos parágrafos seguintes. Tamén terán que achegar, distinguíndose entre os grupos ocasionais e as entidades con personalidade xurídica:
COMPARSA (formularios do ANEXO A)
__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante da comparsa o día do desfile, que actuará como interlocutor da comparsa coa organización e que deberá estar permanentemente identificado coa credencial que lle facilitará a organización.
__Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos disfraces da comparsa ao obxecto de facilitarlle á organización a súa identificación visual.
__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción.(No caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho, portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto).
__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música e nome da comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de tres minutos e trinta segundos para comparsas.
ENTIDADES LEGALMENTE CONSTITUÍDAS, (formularios do ANEXO B)
__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante da comparsa o día do desfile, que actuará como interlocutor da comparsa coa organización e que deberá estar permanentemente identificado coa credencial que lle facilitará a organización.
__ Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos disfraces da comparsa ao obxecto de facilitarlle á organización a súa identificación visual.
__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción. (No caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho, portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto).
__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música e nome da comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de tres minutos e trinta segundos para comparsas.
INDIVIDUAL E PARELLA, INFANTIL, XUVENIL E ADULTO, (formulario ANEXO C)
__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante o día do desfile, que actuará como interlocutor coa organización e que deberá estar permanentemente identificado coa credencial que lle facilitará a organización.
__Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos disfraces ao obxecto de facilitarlle á organización a súa identificación visual.
__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción. (No caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho, portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto).
__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música e nome da comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de un minuto e trinta segundos.
TERCEIRA.- Entenderase por:
Comparsa Infantil e xuvenil: de 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020). Poderán ir acompañadas como máximo de dúas persoas adultas que participen como apoio á comparsa sen disfrace.
Comparsa Adultos: a partir de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).
Comparsa Mixta: adultos e nenos.
Individual Infantil e Xuvenil 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020).
Individual Adulto Máis de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).
Parellas Infantil e Xuvenil 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020).
Parellas Adulto Máis de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).
CUARTA.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se consideran comparsas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetirán o seu disfrace.
QUINTA.- As comparsas que opten ás axudas terán que reunir os requisitos sinalados nas Bases 2ª, 3ª e 4ª e, ademais deberan ter en conta, todos os participantes que leven acompañamento musical que non poderán excederse do tempo determinado para a actuación (tres minutos e trinta segundos para comparsas e un minuto e trinta segundos) para parellas e individuais.
A organización do Entroido só se fará cargo de poñer a música se o desfile se fai no interior do pavillón, en caso de realizarse pola rúa, cada un será responsable do seu acompañamento musical.
No caso de condicións climáticas adversas, o desfile celebrarse no pavillón municipal onde as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho, o portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto.
Poderán presentarse neste concurso tódalas comparsas e disfraces que o desexen, tanto físicas como xurídicas.
SEXTA.- Destínase un crédito máximo de 5.180,00€ que se imputará á aplicación orzamentaria 338.48942 do orzamento municipal prorrogado de 2019 para as axudas ás comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido.
Estes 5.180,00€ hanse repartir de acordo a estes criterios:
PREMIOS | ||
INFANTIL E XUVENIL (DE 0 A 14 ANOS , (nados entre o 2006 e 2020) | ||
INDIVIDUAL | PARELLA | COMPARSA |
1º premio: 80€ 2º premio: 50€ 3º premio: 30€ |
1º premio: 125€ 2º premio: 100€ 3º premio: 75€ |
1º premio: 300€ 2º premio: 220€ 3º premio: 160€ |
ADULTOS ( MÁIS DE 15 ANOS, (nados 2005 e anteriores). | ||
INDIVIDUAL | PARELLA | COMPARSAS Mixta e Adultos |
1º premio: 110€ 2º premio: 80€ 3º premio: 50€ |
1º premio: 140€ 2º premio: 100€ 3º premio: 60€ |
1º premio: 700€ 2º premio: 500€ 3º premio: 400€ 4º premio: 300€ 5º premio: 200€ |
PREMIOS ESPECIAIS COMPARSAS (Infantil ,Adulto e Mixtas) Acumulables a outros premios |
_ Máis orixinal (mellor posta en escea, elaboración do disfraze, …) : 200€ _ Máis simpático (mellor humor, crítica a temas de actualidade, ..) : 200€ |
PREMIOS ESPECIAIS PARTICIPACIÓN COMPARSAS (Infantil, Adulto e Mixtas) |
_1.000€ a repartir entre todas as comparsas que participen e non acaden premio, cun máximo de 100€ por comparsa. |
Todos os participantes levaran un vale de chocolate con churros, e os nenos/as menores de 14 anos unha bolsa de chuches.
Estas axudas estarán suxeitas ás retencións fiscais establecidas na lexislación vixente.
A Comisión Avaliadora poderá excluír das subvencións a aquelas comparsas que non acrediten as condicións mínimas esixidas, reflectíndoo na acta de resultado.
A non participación no desfile conlevará a exclusión automática da percepción destas axudas.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo concello de Vilalba através dunha transferencia bancaria, previamente será necesaria a presentación do certificado con número de conta ao realizar a inscrición.
SÉTIMA.- A Comisión Avaliadora darase a coñecer por resolución da alcaldía, e farase pública na páxina web www.vilalba.org e na Sede Electrónica do concello, antes de finalizar o prazo de inscrición do Entroido.
O día da celebración do desfile a Comisión Avaliadora comprobará que as comparsas participantes reúnen, coa súa participación no desfile, as condicións requiridas nestas bases. A resultas desta comprobación, a Comisión Avaliadora fará a correspondente proposta de concesión das axudas reguladas nestas Bases.
Os premiados daranse a coñecer unha vez rematado o desfile.
OITAVA.- Participación e actuación:
Os participantes farán un desfile pola vila o martes 25 de febreiro de 2020 a partir das 17.00h con saída da rúa Castelao o lado da estación de autobuses de Vilalba, debéndose presentar ás 16.30h e 16:50h no punto de recollida de dorsais, quedando excluído o que non se presente puntualmente.
O Concello de Vilalba poderá modificar a ubicación do desfile do Entroido no caso de previsión meteorolóxica de chuvia. En caso de tomar esta decisión comunicaríaselles a todos os participantes vía SMS ao número de teléfono indicado na folla de inscrición.
Si as condicións meteorolóxicas son adversas o desfile pasará a realizarse no pavillón municipal.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto no teléfono: 982 510761 (Departamento de Cultura).
NOVENA.-.As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal htpp://www.Vilalba.org. nas redes sociais e no taboleiro da sede electrónica do Concello de Vilalba.
DÉCIMA.– A inscrición e participación no Entroido Vilalbés implica a aceptación destas bases.
UNDÉCIMA._Segundo a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles que os datos que se solicitan nas presentes bases pasarán a formar parte dun ficheiro debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, responsabilidade do Concello de Vilalba, coa finalidade de xestionar a presente solicitude. Vostede pode exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixíndose ás nosas oficinas coa súa solicitude e a fotocopia do seu DNI.
ANEXO A.-FOLLA DE INSCRICIÓN. Grupos Ocasionais
ANEXO B.-FOLLA DE INSCRICIÓN .Asociacións legalmente constituídas.
ANEXO C. FOLLA DE INSCRICIÓN. INDIVIDUAIS E PARELLAS