O Concello de Vilalba pon en marcha o servizo de campamentos de verán 2019. A principal novidade nesta edición é a ampliación do horario das actividades, de 9:00 a 14:00 horas, sendo o obxectivo fundamental dos campamentos, ”conciliar a vida familiar e laboral, ademais de ocupar de forma activa e educativa o tempo de lecer dos máis pequenos".
Formulario de inscrición na seguinte ligazón: formulario_inscricion_campamentos19.
Ademáis do formulario, os usuarios deben entregar no rexistro unha fotografía tamaño carnet do neno, fotocopia da tarxeta sanitaria e carta de pago da taxa correspondente.
O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 24 de xuño ata o mércores 3 de xullo no rexistro xeral da Casa do Concello de 9:00 a 14:00.
Máis información no Departamento de Deportes.