CAMPAMENTOS VERÁN 2020

BASES PARA A INSCRICIÓN “CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020”
1) Lugar e datas de inscrición.
Convocatoria de prazo para a inscrición da actividade “Campamentos Urbanos de Verán 2020”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas ós menores do Concello de Vilalba, durante os meses de xullo e agosto, que permitan ás familias a súa promoción social e laboral.
Cada neno/a, poderá escoller UNHA das seguintes quendas:
13- 31 xullo
3-21 agosto.
Ditos campamentos, van dirixidos ós nenos e as nenas nados entre 2.008 e 2.015 do Concello de Vilalba, tendo un total de 90 prazas (45 por quenda).
A inscrición, priorizarase de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Vilalba https://vilalba.sedelectronica.es/info.0  .Tamén será posible facelo de forma presencial na Oficina de Deportes do Concello (10 a 14), previa cita (sede electrónica ou no teléfono 982510761- Deportes).
O período de inscrición será dende o 22 de xuño ata o 3 de xullo (ambos inclusive).
 
2) Requisitos mínimos de participación.
2.1. As persoas proxenitoras deben estar empadroadas no municipio con data anterior a esta convocatoria, así como os menores para os que se solicita praza.
2.2. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar na convocatoria sempre que teñan capacidade de integración no grupo ou estea acreditado a través dun informe médico, educativo ou social que se vai beneficiar das actividades desenvolvidas.
 
3) Adxudicación de prazas.
A adxudicación realizarase da seguinte forma:
3.1.) Adxudicación directa: Se as solicitudes non superan o número de prazas ofertadas.
3.2.) No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios establecidos nestas bases (apartado 4):
darase prioridade ás familias cuxa unidade familiar teña unha renda per cápita anual inferior ou igual ao 100% do IPREM (6.454,03 €). Xustificarase coa declaración da Renda do 2018 (base impoñible xeral+ base impoñible de aforro) ou autorización datos fiscais (anexo I).
Unha vez cumprido este requisito, terase en conta os criterios de valoración do apartado  catro. Se non se cubriran todas as prazas aplicando a prioridade do criterio económico, cubriranse con aquelas familias que non cumpran o criterio descrito da renda, previa valoración de criterios correspondentes ao apartado 4.
 
4) Criterios de valoración.
Criterios xerais Puntuación

CRITERIOS PUNTUACIÓN
Familias nas que traballen os dous proxenitores ou titores/as  10
Familia monoparental/monomarental traballando. 10
Familias nas que só unha das persoas proxenitoras está en situación laboral activa. 3
Familia monoparental/monomarental que non se atopen en situación laboral activa. 3
Familias que soliciten praza para máis
dun/dunha menor
1 (por cada menor)

 
Criterios de carácter social Puntuación

CRITERIOS PUNTUACIÓN
Familia numerosa categoría xeral 2
Familia numerosa categoría especial 3
No suposto que a nai/titora, pai/titor ou representante legal da persoa menor sexa coidador/a non profesional dunha persoa en
situación de dependencia (Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a Persoas en Situación de Dependencia e sucesivas modificacións)
2
Por cada persoa con discapacidade na unidade
de convivencia
1
Vítimas de violencia de xénero 3

 
Nos casos en que haxa igualdade de puntuación, para a obtención da praza adxudicarase
considerando a orde de entrada da solicitude no Concello de Vilalba.
As persoas que obtiveron praza no campamento e finalmente non vaian participar no mesmo, deberán presentar renuncia ao efecto por escrito a través do rexistro do Concello de Vilalba ou ben a través da sede electrónica.
 
5) Documentación.
Para a xustificación destas situacións requírese a seguinte documentación:
– Formulario modelo de inscrición. (ANEXO I)
– Fotocopia do Libro de Familia (páxina onde aparece o inscrito) ou DNI (en caso de ser o primeiro ano de inscrición).
– Declaración da Renda do 2018 (base impoñible xeral+ base impoñible de aforro) ou autorización datos fiscais dos adultos da unidade familiar (ANEXO II)
– Certificados de empresa conforme se está traballando e non en período de vacacións. Dito documento deberá especificar que nas datas que solicita o campamento non ten programadas as vacacións (De non vir especificado será excluída a solicitude da baremación). Para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos.
– Documentación onde se recoñeza a libranza para coidados no contorno familiar por coidador non profesional, para situacións de dependencia.
– Outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións baremables no apartado 4 de criterios de valoración.
A documentación que non se presente no prazo establecida, non se poderá presentar
posteriormente, realizándose a baremación coa documentación achegada.
6) Comisión de baremación.
O Concello de Vilalba constituirá unha comisión de baremación e seguimento composta
por:
Presidencia: Concelleira de Educación, Infancia e Mocidade e Feiras e Mercados ou persoa en quen delegue.
Secretaría: Técnico deportes- Concello de Vilalba ou persoa en quen delegue.
Vogal: Técnico de deportes- Concello de Vilalba ou persoa en quen delegue.
7) Listaxe de persoas admitidas.
A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.vilalba.org. Concederase un prazo de 3 días hábiles para a presentación de reclamacións.
Rematado o prazo de reclamacións á lista provisional publicarase a lista definitiva e a lista
de agarda, se fora o caso.
No caso de que se produzan vacantes e se atope esgotada a lista de espera aceptaranse as solicitudes por orde de rexistro de entrada.
8) Baixas.
Causarase baixa automática no servizo, sen dereito a devolución da cota de inscrición, por calquera das circunstancias seguintes:
– Por solicitude propia.
– Por comprobación de falsidade na documentación ou datos achegados.
– Por compatibilizar o campamento con outra actividade externa, no mesmo horario.
– Por falta de asistencia continuada durante máis de tres días sen causa xustificada.
– Por incumprimento reiterado das normas por parte do/a menor e da familia.
As baixas producidas por calquera dos motivos expostos cubriranse coas solicitudes da lista de agarda.
A baixa na actividade non dará lugar á devolución da cota de inscrición ou no seu defecto da parte proporcional correspondente.
 
9) Lugar e horario.
As actividades terán lugar nas seguintes instalacións:
– Pavillón municipal de deportes
– Pavillón municipal CEIP Mato Vizoso
– Pavillón municipal CEIP Insua Bermúdez.
– Auditorio Carmen Estévez.
O horario das actividades será de 9:00 ata 14:00 horas.
 
10) Cota de inscrición.
As persoas adxudicatarias das prazas, incluirán no formulario de inscrición un nº de conta onde desexan domiciliar o pago da taxa dos campamentos de verán (Ordenanza fiscal nº 33).
Establécese a seguinte cota de inscrición:
Empadroados/as: 90 € quenda, por cada menor participante
Non empadroados/as: 180 € quenda, por cada menor participante.
Exentos/as: de balde (válido con informe de Servizos Sociais).