CAMPAÑA VILALBA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

 #VILALBAENNEGRO
✒️ Un ano máis tinguimos Vilalba de negro para amosar o noso máis profundo rexeitamento á violencia machista. Xunto a outros 125 municipios galegos, adherímonos a esta campaña de concienciación social agardando a maior das respostas posibles: o pobo vilalbés unido na loita por unha sociedade igualitaria libre de violencias contra as mulleres.
Poderanse recoller os materiais da campaña para os comercios no Centro de Información á Muller (CIM), no Concello de Vilalba, este mércores 20 de novembro.
CAMPAÑA: DO 21 AO 25 DE NOVEMBRO
♀️ A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asistirá ao acto de firma na capital lucense o venres 22.
📢 #25N PEDIMOS A TODA A VECIÑANZA QUE O DÍA 25 ASISTA Á CONCENTRACIÓN PARA A LECTURA DO MANIFESTO CONXUNTO DA CAMPAÑA, ÁS 13 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO, PROVISTOS DE ZAPATOS VERMELLOS EN SINAL DE PROTESTA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 📢