FINALIZAN AS OBRAS PENDENTES DE EXECUCIÓN NO RURAL VILALBÉS COA MELLORA DO ACCESO Á IGREXA DE TARDADE

O Concello de Vilalba informou hoxe do remate das obras pendentes de execución nas parroquias. O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, asinou esta mañá a recepción dos últimos traballos de mellora e renovación da rede viaria, desta volta, os relativos á rexeneración total do firme do acceso á Igrexa de Tardade ata o cruce coa capela.

Como adoita a ser habitual neste tipo de actuacións, o obxecto da obra foi a apertura de cunetas, a pavimentación con doble rego asfáltico e a correcta sinalización vertical.

Renda, que contrastou coa veciñanza da parroquia a actuación, lembrou a importancia de poñer fin ós proxectos pendentes de execución para “dende xa organizar ata trinta novas obras en beneficio dos veciños/as do rural vilalbés de aquí a final de ano”