Marta Rouco reivindica “con feitos a nosa aposta social e polos servizos públicos” no ecuador do mandato

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reivindica “con cifras e feitos a xestión realizada polo goberno local nos dous primeiros anos de mandato municipal”. “Aínda queda moito traballo por diante, pero os investimentos e os proxectos xa materializados están aí, son unha realidade”, sostén.

“O noso obxectivo é mellorar os servizos que o concello presta aos veciños, dando resposta ás necesidades da xente cunha xestión eficiente dos recursos”, explica Rouco, que considera “fundamental para cumprilo contar cun orzamento en prazo cada ano”.

O goberno local fará balance do ecuador de mandato nas próximas semanas coa campaña ‘Transformando Vilalba’. “Tratamos de gobernar escoitando, con cercanía e traballo”, asegura a alcaldesa, que afirma que “todos os proxectos e iniciativas que conlevan un gasto municipal, unha partida orzamentaria, dan resposta a unha planificación previa”.

Nestes dous anos, renováronse os dous grandes contratos municipais: 3,4 millóns de euros ao ano para o Servizo de Axuda no Fogar, que atende a máis de 300 veciños e veciñas, cun gasto medio que triplica o das grandes ciudades galegas.

O novo contrato de recollida de residuos e limpeza viaria supón un investimento anual de máis 1,5 millóns de euros e en materia de conciliación, outra prioridade para o goberno local, Vilalba contará nos próximos meses cun novo Punto de Atención á Infancia (PAI) con 20 prazas.

“Outro investimento fundamental foron os 1,8 millóns de euros nas obras de mellora da depuradora e do saneamento de Vilalba para limitar as verteduras ao río Madalena, coa ampliación do pretratamento da depuradora e a construción dun tanque de tormentas”.

“Tamén está en marcha a rehabilitación da Casa do Concello por un importe de 1,1 millón de euros, e máis de 10.000 personas disfrutaron o pasado verán das novas piscinas municipais exteriores”, apunta Rouco.

Vilalba incorporouse o pasado mes de febreiro como entidade membro ao Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e desde o verán de 2023 realizáronse reformas en numerosas infraestruturas urbanas, instalacións deportivas e parques infantiles.

“Quero que os veciños e veciñas perciban que hai unha alcaldesa que recibe a todo o mundo e reúnese con todas as asociacións que o piden, e creo ademais importante que a xente vexa que nos implicamos nas actividades do tecido asociativo, deportivo e cultural”, remata Rouco, que seguirá traballando na segunda parte do mandato “para defender os intereses de Vilalba”.