NOVAS RESTRICIÓNS EN VILALBA - COVID-19

🚨 ACTUALIDADE COVID-19 🚨

#INFORMACIÓN🌐

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG as medidas específicas de prevención da COVID-19.

🔴 A situación epidemiolóxica no noso Concello amosa unha evolución negativa e un incremento importante dos contaxios.

ℹ️ O Informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 20 de novembro de 2020, recolle a necesidade de establecer medidas máis restritivas no Concello de Vilalba:

📍 Limitación de entrada e saída de persoas, agás certas excepcións, do ámbito territorial do Concello de Vilalba, co fin de conter a transmisión.

👨‍👨‍👧‍👦 As agrupacións de persoas quedan limitadas só a conviventes.

🍽 Establecementos de hostalaría e restauración: permanecerán pechados ao público. Poderán prestar servizo de entrega a domicilio e para a súa recollida no local e consumo no domicilio. Os establecementos de lecer nocturno: permanecerán pechados ao público.

⛪️ Lugares de culto: asistencia reducida a un terzo da súa capacidade. Nas cerimonias relixiosas ou civís: 50% da capacidade, cun máximo de 25 persoas. A celebración posterior á cerimonia non está permitida.

🏦 Bibliotecas, museos, arquivos, salas de exposicións e outros equipamentos culturais: ao 50% da capacidade. As actividades culturais en grupo serán só de conviventes.

🍿 Cines, teatros, auditorios e recintos ao aire libre: máximo de 30 persoas, en espazos pechados, e de 75, ao aire libre. Público sentado. No Concello de Vilalba, adíase a programación cultural desta fin de semana.

🎪 Circos e espectáculos feirais, e parques multiocio: permanecerán pechados.

👩‍💼 Congresos, eventos, conferencias e reunións de negocio: ao 50% da capacidade, cun máximo de 30 persoas en espazos pechados, e de 75, ao aire libre.

👧 Centros de lecer infantil: pechados

🎱 Establecementos e locais de xogo e apostas e salóns: pechados

⛹️ Actividades e instalacións deportivas non federadas: actividade ao aire libre individual e colectiva (só conviventes), sen contacto físico. Instalacións e centros deportivos: non poderán superar o 50% da capacidade. Só actividades individuais (sen contar ao monitor).

🚴 Celebración eventos deportivos, adestramentos e competicións deportivas con público: ao 50% da capacidade, cun máximo de 30 persoas, en espazos pechados; e de 75, ao aire libre. Público sentado.

🚣‍♀️ Actividades de tempo libre, dirixidas á poboación infantil e xuvenil: Ao aire libre limítase o número de participantes ao 50% da asistencia habitual, cun máximo de 50 participantes. En espazos pechados limítase ao 50% a capacidade do recinto, cun máximo de 25 participantes. Os grupos non deberán superar as 6 persoas, sexan ou non conviventes (sen contacto entre os grupos).

🏊‍♀️ Piscinas: as recreativas permanecerán pechadas. As de competición, ao 50% da capacidade. Só se permite a actividade individual.

📺Centros cívicos e socioculturais: Ao 50% da capacidade. Actividades socioculturais: un máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes. Actividades físicas ou deportivas: ao 50% da capacidade e só actividades individuais.