O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a venda das parcelas N°2 e 3 de uso industrial que o Concello posúe no Polígono Empresarial de Sete Pontes.
Acompañado pola responsable da empresa adxudicataria ESDICAR TECNOGLOBAL, Estefanía Díaz Carballeira, Renda puxo en valor que ‘logo de anos sen oferta de solo industrial no Polígono de Vilalba, o Concello poña a producir máis de 2.000 m2 en beneficio dunha empresas local’.
Así,o Vicealcalde destacou moi especialmente que a decidida aposta do Concello de ‘blindar as bases do concurso fronte a calquera tentativa de especulación’, fixera posible que unha ‘vilalbesa emprendedora de 31 anos e que vén de poñerse á fronte dunha empresa de nova creación, resultara adxudicataria do último proceso de poxa.
Na presentación, a responsable da empresa Estefanía Díaz manifestou a súa ilusión pola etapa que comeza e explicou que a actividade que se vai implantar será de compra e venda de maquinaria de construcción de obra civil, así como reparación da mesma.
A actuación que se contempla nas parcelas é a dunha edificación de 1.000m2 o que implicará unha agrupación das mesmas e a nave contará con sala de exposición, taller, almacén de repostos, oficinas e un aseo/vestiario para os operarios.