O CONCELLO ANUNCIA UN CONTACONTOS INFANTIL O PRÓXIMO MÉRCORES 21 DE SETEMBRO NA BIBLIOTECA

O Concello de Vilalba informa dunha nova actividade infantil na Biblioteca Municipal o próximo mércores 21 de setembro. O contacontos consistirá na representación con monicreques do conto “Garavanciña e o esquío”.

Na actividade, os cativos/as descubrirán como narrar musicalmente un conto coa voz, con instrumentos, obxectos naturais ou mesmo da vida cotiá, como auga, garrafas ou xornais.

Dado que a actividade ten prazas limitadas, cómpre realizar a inscrición de forma presencial na biblioteca, no teléfono 982512232 ou enviando unha mensaxe de WhatsAPP ao número 626399329, indicando o nome e a idade do neno/a. Os cativos/as de menor idade poderán estar acompañados por unha persoa adulta.

A actividade, dirixida a todos os cativos e cativas que queiran desfrutar dun contacontos musical, comezará ás 18:00 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos.