O CONCELLO DE VILALBA ABRE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

10 modalidades diferentes contan con prazas vacantes e a matrícula poderá formalizarse ata o vindeiro 19 de xaneiro

A concelleira de deportes, Paula Vigo, anuncia a apertura do segundo prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais que contan con prazas vacantes en 10 modalidades diferentes: baloncesto, fútbol, judo, loita, ximnasia de mantemento para maiores, patinaxe, tenis, tenis de mesa, triatlón e rugby.

Os interesados e interesadas poderán realizar a súa inscrición de forma presencial no rexistro xeral do Concello, nas oficinas xerais no primeiro andar de 9:00 a 14:00 horas, ou no trámite específico da sede electrónica que permanecerá aberto ata o vindeiro venres 19 de xaneiro.

Con este segundo prazo de inscrición, a concelleira de deportes anima á veciñanza a participar nas actividades deportivas municipais que “ofertan prazas para diferentes idades, niveis e preferencias, axustando a nosa oferta ás demandas dos veciños e veciñas” sinalou Paula Vigo.

As bases de inscrición, nas que están recollidas as normas de participación, así como tamén os procedementos para a asignación de prazas, as taxas a abonar e os horarios de cada unha das actividades en función do nivel e da especialidade poden consultarse nestas mesma entrada da páxina web.