O Concello de Vilalba acolle unhas xornadas para divulgar os valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Concello de Vilalba será escenario desde este venres e ata o domingo dunhas xornadas para divulgar e promocionar os valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que servirán ademais para concienciar sobre a importancia dunha xestión correcta dos residuos para protexer o medio ambiente.
As Reservas de Biosfera son espazos do planeta recoñecidos internacionalmente e seleccionados polo seu interese científico, ecolóxico, biolóxico e cultural, lugares onde se desenvolven actividades nas que a sustentabilidade é unha prioridade.
O Concello da Vilalba atópase na Reserva da Biosfera Terras do Miño, polo que é moi importante coñecer os seus valores ambientais, culturais, etnográficos e gastronómicos.
As xornadas farán tamén fincapé na importancia de conservar e coidar o planeta, cambiando hábitos de vida e adoptando novas formas de actuar baseadas na economía circular, encamiñada ao obxetivo de cero residuos empregando a diario a regla das 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar).
O residuo debe de ser considerado como un recurso, unha materia prima que se pode aproveitar para producir abono orgánico (compost) de excelente calidade para cultivar.
A xornada do venres será para a comunidade educativa e na do sábado, na Casa da Cultura, intervirán a alcaldesa, Elba Veleiro; José Pérez, da entidade organizadora das xornadas, e Saúl Rouco, da explotación de porco celta Fraga do Coto.
“Ademais de falar do potencial da reserva, falaremos con exemplos da importancia do emprego e de emprender no rural, un aspecto que garante o futuro da zona”, afirma José Pérez.
Durante as xornadas, se repartirán composteiros individuais e 200 bolsas reutilizables para residuos. O domingo, día 20, haberá unha visita guiada pola Reserva da Biosfera Terras do Miño
“Explicarei a historia da explotacion, como foi a súa posta en marcha e a importancia deste tipo de negocios para o aproveitamento do monte, contribuíndo a xerar riqueza na biosfera”, explica Saúl Rouco, propietario de Fraga do Coto.
As prazas son limitadas e a inscrición previa obrigatoria para non exceder aforo. Máis información e inscricións no teléfono 982 51 03 05 ou nas oficinas do Concello de Vilalba. As actividades se realizarán seguindo todas as medidas de seguridade e prevención do COVID-19.