A Concelleira de Cultura, Mónica González, presentou hoxe a VIII Edición do Certame de Microrrelatos que o Concello organiza en colaboración con Culturalia GZ.
Establécense tres categorías:
1 – Infantil: ata 11 anos
2 – Xuvenil: de 12 a 17 anos
3 – Adultos/as: a partir dos 18 anos
O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de Maio e o envío deberá facerse ao correo do departamento de Cultura: cultura@vilalba.es
Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos feito do que se responsabilizará o/a autor/a do mesmo.