O CONCELLO DE VILALBA DOBRA O SEU APOIO AO COMERCIO LOCAL CUN NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN DE 8.000€

A edil de Comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto á responsable da sección de comercio da Asoc. de Empresarios de Vilalba María Carballeira un convenio de colaboración por valor de 8.000€.

Unha axuda municipal que duplica á do ano 2024 e que constitúe xa o máis elevado aporte do Concello ao comercio vilalbés ata a fecha.

Este acordo posibilitará o financiamento de campañas de dinamización ao longo de todo este ano e enmárcase na total aposta do Concello polo comercio como “eixo vertebrador fundamental da economía local”.

Así o explicou a concelleira responsable deste acordo María Xosé Fernández, que puxo en valor o “imprescindible da colaboración entre o Concello e o asociacionismo empresarial”.

Unha visión, esta, compartida polo Vicealcalde Modesto Renda quen contextualizou esta “axuda municipal sen precedentes” como o apoio que “sen dúbidas merecía o comercio vilalbés”