O CONCELLO DE VILALBA EMPRENDERÁ ACCIÓNS LEGAIS CONTRA AQUELAS PERSOAS QUE COMETAN DELITOS DE INXURIAS O CALUMNIAS NAS REDES SOCIAIS

O Concello de Vilalba emprenderá accións legais contra todas aquelas persoas ou colectivos que cometan delitos de inxurias o calumnias nas redes sociais municipais, ou ben naquelas páxinas e perfís que reproduzan as informacións do concello.

O concello respecta os comentarios nas redes sociais, entendendo a importancia da liberdade de expresión e a comunicación bidireccional, pero non pode permitir os que inclúen inxurias e calumnias.

Ademais, porá en coñecemento das forzas de seguridade e as autoridades xudiciais a existencia de perfís falsos, co obxectivo de comezar unha investigación.

As inxurias e calumnias están tipificadas como delito no Código Penal. En concreto, o artigo 205 afirma que “é calumnia a imputación dun delito feita con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo hacia a verdade”, mentres que o artigo 208 recolle que “é inxuria a acción ou expresión que lesiona a dignidade doutra persoa, menoscabando a súa fama ou atentando contra a súa propia estimación”.

O Concello de Vilalba anima aos seus veciños e veciñas a participar nas redes sociais, respectando ás críticas á xestión municipal, pero non pode aceptar comentarios que supoñan un delito.