O Concello de Vilalba informa dos trámites e da normativa para realizar unha fogueira na noite de San Xoán

O Concello de Vilaba informa á cidadanía interesada en realizar unha fogueira na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño, que debe comunicalo á administración municipal e cumprir cunha serie de normas.

A intención de realizar a fogueira deberá realizarse mediante unha comunicación responsable a través da Sede Electrónica do Concello de Vilalba dispoñible dende hoxe, luns 12 de xuño.

Tamén se poderá presentar presencialmente no rexistro xeral do concello. O prazo remata durante a mañá do propio 23 de xuño.