O CONCELLO DE VILALBA LEVA AO PLENO DE MAÑÁ UNHA NOVA ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE 

O Concello de Vilalba debatirá mañá no pleno municipal a nova Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante.

A norma anterior, que data do ano 1994, quedou obsoleta na medida en que xa non se adapta ás actuais circunstancias lexislativas, sociais e económicas que inciden na xestión dos mercados municipais. 

A nova proposta ten por obxecto a regulación da venda ambulante no termo municipal de Vilalba, a súa tipoloxía de venda ambulante en mercados periódicos, a configuración do seu réxime xurídico, o réxime de autorizacións, os dereitos e obrigacións dos prestadores de tal servizo, así como a inspección, control e réxime sancionador.