O CONCELLO DE VILALBA ORGANIZA A VI CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE O DÍA 31 DE DECEMBRO

O prazo de inscrición remata o 28 de decembro.

O Concello de Vilalba retomará este ano a VI Carreira-Andaina San Silvestre despois do parón do ano pasado por mor da pandemia da COVID-19. Será o día 31 de decembro a partir das 16:30 horas, con saída na Praza da Constitución.

Haberá tres modalidades: a andaina, que terá un prezo de dous euros; a carreira absoluta (entre 3 e 5 euros) e a de carreiras menores, que é de balde. Ao remate do evento, os participantes poderán desfrutar dunha chocolatada con churros. Tamén se realizará a entrega dos premios.

O prazo de inscrición abriuse onte, venres 17 de decembro, e pechará o 28 de decembro, incluído. Os interesados e interesadas pode anotarse na web www.championchipnorte.com ou ben de maneira presencial no Concello, nas dependencias de Deportes situadas no segundo andar. 

As carreiras menores divídense en catro categorías. A carreira absoluta ten un recorrido duns 5.000 metros e poden participar nela tódolos/as participantes nados no ano 2007 e anteriores. Os que queiran poderán ir disfrazados. Finalmente, a andaina non terá límite de idade e será duns 2.500 metros aproximadamente.

O Concello de Vilalba velará polo cumprimento da normativa sanitaria para evitar contaxios de COVID-19. Ademais, habilitaranse as duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no Campo da Feira.