O CONCELLO DE VILALBA RECIBE O ESPECTÁCULO “CANTA CON EL GRUPO COSQUILLAS”, UN TRIBUTO A “CANTAJUEGOS” ESTE DOMINGO

O Concello de Vilalba anuncia o espectáculo infantil “Canta con el grupo Cosquillas”, un novo tributo musical a “Cantajuegos”, que se representará este domingo 23 de outubro ás 12:00 horas.

O Auditorio Carmen Estévez acollerá esta representación, que busca ser un tributo a “Cantajuegos”, un dos grupos con maior traxectoria no eido da música infantil.

Vilalba recibirá ao grupo “Cosquillas”, quen naceu unindo a música infantil e a pedagoxía. O grupo realiza unha proposta divertida na que involucra aos nenos e nenas do público.

As entradas poden adquirirse nesta <a href="http://<!– wp:paragraph –> <p>As entradas poden adquirirse en a un prezo de 10 euros más gastos de xestión para o patio de butacas e 8 euros para o anfiteatro.</p> ligazón a un prezo de 10 euros más gastos de xestión para o patio de butacas e 8 euros para o anfiteatro.