O Concello de Vilalba xa repartiu case 2.550 máscaras en preto de 850 bolsas de tela para todos os escolares do municipio

O Concello de Vilalba repartiu xa nos cinco centros educativos de Infantil e Primaria do municipio preto de 2.550 máscaras en 850 bolsas de tela.
 
En concreto, cada alumno recibiu unha bolsiña de tela con tres máscaras de tres cores diferentes. A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Antía Rama, fixeron a entrega en cada un dos centros.
 
As máscaras homologadas e de tela son reutilizables e resisten 20 lavados cada unha delas. Ían todas elas en bolsitas individuais con instrucións de uso e nunha bolsa de tela, xa que así o demandan os centros.
 
O grupo de goberno tomou esta decisión de repartir as máscaras como unha medida máis de axuda ás familias e tamén para reducir o risco de contaxio por coronavirus.
 
“Dentro das nosas competencias, tomaremos todas as medidas posibles para que o curso comece nas mellores condicións posibles, axudando ás familias e á comunidade educativa”, asegura a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro.