O CONCELLO PRESENTA EN SAN SIMÓN UN PROXECTO PARA A CREACIÓN DUN PIONEIRO CENTRO DE PROCESAMENTO E TRANSFORMACIÓN DO MEL

O Vicealcalde explicou que o obxectivo do Concello é transformar a Escola da Pedragosa nun moderno centro de procesamento que contará con maquinaria de última xeracion por valor de 38.700€.

Xoves 26 de Febreiro de 2026 – O Vicealcalde Modesto Renda presentou hoxe un pioneiro proxecto para a creación dun Centro de Procesamento e Transformación do Mel, onde os produtores/as locais poidan procesar de xeito totalmente gratuíto e sen necesidade de inversión.

Un ambicioso plan, centrado na rehabilitación total da Escola da Pedragosa, San Simón, e que o Concello pretende convertir nun moderno centro de transformación, coa instalación de maquinaria de última xeracion e que incluirá:

  • Unha desoperculadora automática.
  • Un madurador calefactable de 70 litros.
  • Un cerificador para 20 cadros.
  • Un extractor eléctrico 6c.
  • Unha envasadora premium con soporte.
  • E un Banco de Decantacion para o filtrado.

Ademais, instalarase:

  • Un novo pavimento multicapa antideslizante e apto para industrias.
  • Un moderno lavadeiro industrial.

E tamén:

  • Pintarase toda a de zona de actuacion.
  • Renovanse as luminarias, substituíndoas por outras de tecnología LED,
  • E mellorase na accesibilidade, suprimindo as barreiras arquitectonicas coa ampliación da actual rampla en hormigón desactivado e a colocación dunha barandilla de aceiro lacado.

Tal e como explicou Renda, o Concello vén de presentar a documentación necesaria para optar ó programa de axudas para ‘Proxectos de creación mellora e ampliación de servizos básicos’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e é por isto que, co ánimo de cumprir cos criterios que se esixen no mesmo, o Centro de Procesamento e de Transformación contará con servizos como:

  • Un aparcabicicletas co fin de favorecer unha mobilidade sostible.
  • Un colector de aceite usado para favorecer a reciclaxe.
  • Un Punto Verde de recollida de pilas, tapóns e todo tipo de bombillas e equipos electrónicos.
  • E mellorarase a sinalización da parroquia nas zonas adxacentes.

O custe total do proxecto ascende aos 38.700 euros e o obxectivo da Vicealcaldía é contribuír a complementar as economías familiares e a xerar oportunidades de desenvolvemento e #emprego no rural.