A Concelleira de Cultura Mónica González e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron hoxe as propostas culturais para este Nadal. Complementarias da programación infantil anunciada recentemente polo Concello, o protagonismo será este ano para asociacionismo cultural da vila.
RELACIÓN DE ACTIVIDADES:
– 25 de Decembro: Tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Vilalba no Auditorio ás 20:30h.
– 26 de Decembro: Panxoliñas de Nadal coa Coral Luar na Praza Suso Gayoso ás 12:30h e no Templete da Praza da Constitución ás 13:15h.
– 27 de Decembro: Festival de Polifonía e Panxoliñas no Auditorio Municipal ás 20:00h.
– 2 de Xaneiro: Concerto da Coral Luar no Hospital Asilo ás 17:00h.
– 10 de Xaneiro: Entrega de #Premios do Concurso de Escaparates na Casa da Cultura ás 14:00h.