O CONCELLO RENOVA POR COMPLETO A ESTRADA QUE COMUNICA MARTIÑÁN CON CARBALLIDO

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa da estrada que comunica o barrio de Martiñan coa parroquia de Carballido.

Esta nova actuación, tivo un custe de 10.772€ e o Concello iniciou a rexeneración total do firme á altura da “Casilla”, no cruce coa N-634.

Ademais, pavimentáronse tamén dous accesos a varias vivendas e parcelas agrícolas con zahorra compactada e colocáronse tubos de drenaxe para dar solución aos problemas que viñan sufrindo os residentes.

Renda, que coma sempre contrastou cos seus veciños/as o día día da actuación, explicou que a esta obra sumaránselle outras máis nos vindeiros meses en beneficio das parroquias da contorna.