O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial que une os barrios da Frouxeira, Malvecín e A Casanova, en Sancovade.
Unha actuación moi agardada polos veciños e veciñas, que deixa nova unha das principais vías de acceso ao cemiterio e a igrexa da parroquia.
Esta nova obra tivo un custe total de 24.766,18 euros, incluíndo a limpeza de cunetas e tubaxes e a colocación de nova sinalización vertical.