O Vicealcalde Modesto Renda segue centrando esforzos e orzamento na renovación e mellora da rede viaria do rural vilalbés.
Hoxe foi a quenda do vial en peor estado de todo o termo municipal, isto é: a estrada que comunicia as parroquias de Gondaísque e Boizán.
Tal e como explicou Renda, esta agardada actuación tivo un custe en suma de 37.725,38€ cos que se rexenerou totalmente un un quilómetro e medio de vía, cun ancho medio de 5 metros totais.
Ademais, o proxecto incluíu a reapertura de cunetas en todo o vial; a colocación de tubaxes de drenaxe co fin de aumentar a vída útil do vial e a rexeneración do firme dun ramal anexo de 200m lineais en dirección ao núcleo do Castro.