O CONCELLO RENOVARÁ O VIAL QUE COMUNICA A RÚA DE BOGONTE CO PASEO DOS CONDES

 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou que o Concello dará resposta ás demandas dos veciños da Rúa de Begonte coa rexeneración completa do vial que a comunica co Paseo dos Condes. 

Unha actuación que se complementará coa tamén solicitada #peonalización do propio paseo, dende a Rúa Cuart de Poblet ata a intersección onde se fará a obra, isto é: coa Rúa de Begonte.